
Convidados

Juan Díaz Canales
creador xunto a Juanjo Guarnido de «Blacksad», unha das series de cómic máis exitosas do século 21 con máis de un millón de exemplares vendidos, múltiples traducións e que lle valeu o Premio Nacional do Cómic no ano 2014. Actualmente é guionista dun dos grandes fitos comiqueros de todos os tempos: «Corto Maltés», serie que tamén alcanza cifras millonarias.

Miguelanxo Prado
referente absoluto do cómic nacional e o historietista galego máis importante de todos os tempos. Gañou o premio a Mellor Álbum de Festival de Angoulême (o máis prestixioso de Europa) con «Trazo de xiz» (recentemente reeditado) e o Premio Nacional do Cómic en 2013 con «Ardalén». Tamén é o director do Festival internacional de cómic Viñetas Desde o Atlántico e membro da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

Kenny Ruiz
é un dos poucos autores españois que traballa de forma regular para o esixente mercado xaponés do manga. Gañou o premio a Mellor Obra do Salón Internacional do cómic de Barcelona en 2007 por «El cazador de rayos» e o premio a Mellor Manga de Autor Español do Salón Internacional do manga de Barcelona de 2010 por «Dos espadas». Actualmente traballa na serie «Team Phoenix» que se publica á vez en Xapón, Francia, Italia e España e na que manexa personaxes creados por Osamu Tezaku, considerado o Deus do Manga.

Teresa Valero
debutou no mundo do cómic no 2008 como guionista da serie «Brujeando» á que lle seguiu «Curiosity shop» en 2011. En 2021 publicou «Contrapaso», a súa primeira obra como autora integral e que obtivo diferentes recoñecementos en Francia e España chegando a máis de 300000 exemplares vendidos.

Míriam Bonastre
é unha das artistas de webtoon máis importantes do mundo. A súa obra «Hooky» acumula preto de vinte millóns de visualizacións e no seu traslado ao papel conseguiu vender máis de 250000 exemplares en Estados Unidos e traduciuse a diferentes idiomas. Actualmente prepárase a súa adaptación a serie de televisión.

Carles Dalmau
acumula máis de 700 000 seguidores nas súas redes sociais grazas ao estilo único das súas ilustracións. Isto levouno a traballar con compañías como Netflix, Disney, Planeta, Huion... Traballou como concept artist en «Cult of the lamb» un dos videoxogos independentes máis exitosos de 2022.
Sinaturas
Paula Cheshire
Pablo Carreiro
Aldara Álvarez
Jorge Campos
Manuel Veiga
Adrián Morgade
David Braña
Miguel Rojo
Pablo Prado
Kiko da Silva
Ángela Curro
José Malvárez
Miguel Fernández
Tokio
Adamantink
Law
María Vilar
Xosé Manuel Trigo
Ramón Trigo
Norberto Fernández
Programa
Venres 12/05
- 17:00 h – Praza da Banda.
- 18:00 h – Charla coloquio: Míriam Bonastre e Carles Dalmau.
- 19:00 h – Sinaturas Míriam Bonastre, Carles Dalmau e autores locais.
Sábado 13/05
- 10:00 h – Praza da Banda.
- 12:00 h – Máster Class de guión de Juan Díaz Canales.
- 12:00 h – Obradoiro infantil Clases Cómic Vigo.
- 17:00 h – Obradoiro infantil Clases Cómic Vigo.
- 18:00 h – Charla coloquio con Teresa Valero e Miguelanxo Prado.
- 19:00 h – Sinaturas Juan Díaz Canales, Teresa Valero, Miguelanxo Prado e autores locais.
Domingo 14/05
- 10:00 h – Praza da Banda.
- 11:00 h – Charla coloquio con Kenny Ruíz.
- 11:00 h – Obradoiro infantil de Clases Cómic Vigo.
- 12:00 h – Sinaturas Kenny Ruíz e autores locais.