
Convidados

Javi Rey
Javi Rey (Bruxelas, 1982) é un autor de cómics formado na Escola Joso de Barcelona. En 2013 comezou a súa carreira no mercado franco-belga de banda deseñada. Primeiro, como debuxante da man de guionistas como Frank Giroud (Adelante!), Bertrand Galic e Kris (Un maillot pour l'Algérie, Violette Morris), e logo, explorando a realización de obras en solitario. Un primeiro paso nesta dirección foi, en 2016, a adaptación da novela Intemperie do escritor Jesús Carrasco, baixo o selo Planeta Cómics. Obra que lle valeu o Premio ao Mellor Autor Revelación no Salón do Cómic de Barcelona de 2017 e un nomeamento aos Premios Eisner na súa tradución inglesa. En 2021 publicou Un ennemi du peuple (Dupuis-Aire Libre; editada en España en 2023 por Planeta Cómics), adaptación da obra de teatro homónima escrita polo dramaturgo Henrik Ibsen no século XIX. A súa última colaboraciónen no díptico xuvenil Nos coeurs tordus (Bayard Éditions, 2023-2024), xunto aos guionistas Séverine Vidal e Manu Causse, foi premiada co Prix des Collèges no Festival International da Bande Dessinée de Angoulême de 2024. Actualmente traballa na súa primeira obra con guión propio, que verá a luz en agosto de 2024 no mercado franco-belga da man da editorial Dargaud. Titularase On l'appelait Bebeto.

Alicia Jaraba
A viguesa Alicia Jaraba (1988) interesouse polo cómic desde moi pequena, sendo filla de autor. Tras os seus estudos de filoloxía hispánica e filoloxía francesa pola Universidade de Santiago de Compostela, decidiu facer un curso anual de cómic na escola ESDIP en Madrid (2013-2014). Alí descubriu que a súa paixón podía converterse en oficio, e tras perseguir a non poucos editores franceses co seu cartafol cheo de proxectos, conseguiu profesionalizarse como debuxante durante varios anos no mercado franco-belga grazas a cómics como Les Détectives du Surnaturel e Lónde Dolto. Por fin, en 2022, conseguiu publicar a súa primeira obra en solitario, Celle qui parle, que foi traducida ao español como “Soy la Malinche”. Actualmente acaba de terminar a súa segunda novela gráfica como autora completa, Loin (“Lejos”) que será traducida e publicada por Nuevo Nueve o próximo outono.

Pau
Pau (Palma de Mallorca,1972) é autor de cómics, debuxante, humorista gráfico e editor. Desde 1996 ata 2009 escribiu e debuxou a tira diaria de humor gráfico de actualidade Pau per tots (premio Haxtur ao humor 2009) para o Diario de Mallorca, que continúa desde entón de forma semanal tamén para Mallorca Zeitung. Desde 2004 publica as súas historietas curtas na revista belga Spirou, e a súa Saga de Atlas & Axis (2011-2016) foi publicada ata o de agora en doce idiomas en máis de quince países de tres continentes. Con todo, o éxito internacional non supón a estabilidade económica suficiente como para poder seguir creando historietas, polo que abre unha conta de patreon para as súas máis fieis lectores e lanza a editorial Escápula para publicar a súa obra directamente. En 2020 gaña o premio Ciutat de Palma de cómic pola súa obra Curtiss Hill, que inmediatamente se publica en castelán, catalán, inglés, francés e holandés. Ademais de impartir cursos de cómic en escolas e institutos, escribiu e debuxou varios libros para aprender a debuxar. Actualmente traballa na súa próxima novela gráfica As cinco bandeiras, unha historia real profusamente documentada, baseada nas espectaculares memorias do seu avó, Vicente Jiménez-Bravo, durante a Guerra Civil Española e a Segunda Guerra Mundial baixo cinco bandeiras.

Josep Homs
Nacido en 1975, en Barcelona, Josep Homs estudou debuxo na Escola Joso e emigrou durante algún tempo aos Estados Unidos onde traballou sobre todo para Marvel, o xigante do cómic americano. Homs debuxou "Red Sonja", con guión de Frank Cho e Doug Murray, ou "Blade" do guionista Christopher Hinz. Despois de dous anos de traballo intenso, decepcionado co ritmo e as limitacións do mercado americano, decidiu regresar a Europa e as suas primeiras inclinacións, máis franco-belgas. En 2010, e para Dupuis, debuxou "L'Angélus", un díptico escrito por Frank Giroud para a súa famosa colección "Secrets", seguido máis tarde, para a mesma editorial, da adaptación ao cómic de "Millennium", a triloxía de escritor sueco Stieg Larsson que acadou un gran éxito mundial e cuxo guión foi escrito por Sylvain Runberg. En 2017 Josep asinou o debuxo dunha nova serie escrita por Zidrou, “Shi”, coa que gañou, en outubro do mesmo ano, o premio Saint-Michel ao mellor debuxo.
Sinaturas
Alba Chan
Alba Míguez
Anémona de Río
Anxel con X
Bea Gregores
Damián Gómez
David Braña
Ene
Iria Aldegunde
Jorge Campos
José Malvárez
Kiko da Silva
Lucia Cid
Manuel Veiga
Miguel Fernández
Pablo Carreiro
Pablo Prado
Paula Cheshire
Víctor L. Pinel
Programa
Venres 31/05
- 17:00 – 20:30 – Praza da Banda.
- 17:30 – 18:30 – Charla con Josep Homs.
- 18:30 – 20:00 – Sinaturas Josep Homs e autores locais.
Sábado 01/06
- 10:00 – 20:30 – Praza da Banda.
- 10:30 – 12:00 – Encontro profesional con Javi Rey: “A construción dunha carreira, procura e aprendizaxe constante”.
- 12:15 – 12:30 – Presentación GFFF.
- 12:15 – 13:00 – Obradoiro Kame Cómic.
- 12:30 – 13:00 – Presentación de Miguel Fernández (A espada de San Eufrasio).
- 17:30 – 18:30 – Carla con Alicia Jaraba.
- 18:30 – 19:15 – Obradoiro Kame Cómic.
- 18:30 – 20:00 – Sinaturas Alicia Jaraba, Javi Rey e autores locais.
Domingo 02/06
- 10:00 – 15:00 – Praza da Banda.
- 11:00 – 12:00 – Charla con Pau.
- 12:00 – 12:45 – Obradoiro Kame Cómic.
- 12:00 – 13:30 – Sinaturas Pau e autores locais.
Prensa
El barrio vigués de O Calvario dará vida al cómic: Regresa ‘Banda á feira’ – El Español
As viñetas máis internacionais ocuparán o barrio vigués do Calvario esta fin de semana – Nós Diario
BANDA Á FEIRA, o evento que leva o comic ás rúas de Vigo – Portal de asociacións MAIV
Banda á Feira achega a novena arte a Vigo – Cultura Galega
Banda á Feira en Vigo – Fancomic
III edición do festival Banda á Feira – Metrópoles Delirantes
El universo del cómic toma O Calvario – Faro de Vigo
Vuelve Banda á Feira con un marcado acento francobelga
Programa Banda á Feira 2024 – Vigo al minuto
El universo del cómic invade las calles de O Calvario – Vigoé
Banda á Feira en O Calvario, Vigo – Metropolitano
O Calvario, epicentro del cómic – Faro de Vigo
Banda á Feira toma la peatonal de O Calvario – La Voz de Galicia
Banda á Feira completa tres días dedicados al cómic – La Voz de Galicia
O Calvario celebra la tercera edición de Banda á Feira – Atlántico Diario (Youtube)
‘Fantasía’ en papel con la tercera edición de Banda á Feira – Atlántico Diario